5/5/08

MADE IN GALIZA por Séchu Sende


Un libro de relatos en torno ao galego e a súa situación. Séchu Sende pon en xogo toda a creatividade para mirar o idioma dende olladas diferentes, todas elas cunha certa carga de ironía. Unha observación detallada do fenómeno sociolingüístico con moita economía na escrita e moita xenerosidade na reflexión. Pensar e repensar para que mentres botamos unhas risas nos deamos contas de quen somos e de que falamos. Made in Galiza está a ser un libro de éxito, porque nos gusta que nos fagan rir mentres pensamos e pensar mentres rimos. E para mostra ... un anaquiño: "(...) A xente que nunca chegaba a falala explicaba, na madurez ou na senectude das súas vidas e por tanto cando xa chegaban a reflexionar profundamente sobre o problema, que non se atrevían a falar a lingua porque aínda non estaban preparados; ou levando a man á cocorota e rascando co dedo índice dicían que lles parecía imposíbel ou que xa era demasiado tarde; ou, cunha vaga esperanza e confiando nas xeracións vindeiras, dicían A ver se os meus fillos o conseguen" Dábanse algúns casos extraordinarios, si, de nenos e nenas precoces na aprendizaxe e uso do seu idioma, que chegaban á escola falando na súa lingua, se ben eran excepcións que confirmaban a regra: unha porcentaxe mínima entre a inmensa maioría dos que, acabados os estudos obrigatorios e mesmo os universitarios, non conseguían botarse a falar no idioma daquel inaudito país."

1 comentario:

bibliotecadocole dijo...

Este libro gustoume moito, porque enfoca un tema que nos preocupa con humor.Faiche botar unhas risas, ao mesmo tempo que reflexiona sobre as situacións absurdas que se producen arredor da nosa lingua.