Achegamos nesta data algúns títulos que deben formar parte da colección das nosas bibliotecas escolares.
O segredo do avó de Pedro Mañas, con ilustracións de Zuzanna Celej (Kalandraka, 2019), é un fermoso canto á chegada da primavera e do espertar da natureza. Este álbum é unha fonte de inspiración estética para o noso alumnado xa que as imaxes dialogan co texto, non o completan. Ao tempo ofrece recursos para a creación artística pola mestura de técnicas.
Agora non, Bernardo de David McKee (Kalandraka, 2019), un clasico que podemos ler en galego grazas á tradución de Xosé Manuel González. A temática do álbum é moi acaída co lema da edición do Día Internacional do Libro de deste ano"Os libros fannos acougar" pois necesitamos parar para escoitar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario