Botella ao mar pertence á colección Unha historia para un cadro do Museo de Belas Artes da Coruña. Neste caso é unha historia de Marilar Aleixandre inspirada no cadro As mariscadoras e ilustrado por Xosé Cobas.
Publicada en Mediavaca, esta edición conserva o formato dos debuxos orixinais e agrupa os tres libros que Seoane publicou en Arxentina (Retratos furtivos, Buenos Aires 1968, e Outros retratos furtivos, Buenos Aires 1969) e Galicia (Retratos desguello, A Coruña 1968). Son un total de 250 debuxos a liña realizados en lugares públicos de distintas cidades: Roma, Nova York, Madrid, Valencia, A Coruña etc., aos que o autor engadiu unhas liñas de texto en castelán ou galego. Nas páxinas finais do libro inclúese a transcrición e tradución de todos os textos manuscritos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario