
Unha das novidades de Xerais é a novela O que sei do silencio de Andrea
Maceiras, que foi finalista do Premio Raíña Lupa en 2017.
No inicio da novela Delia, a protagonista, di dela mesma "Chámome Delia e son unha covarde. Esta é a historia de como acosamos a Silke durante os meses que estudou no noso instituto. E de como todo se nos foi das mans. Das miñas mans inútiles". E crea un blog para contar esta historia de acoso pasivo e cómplice.
Destinada a un lectorado xuvenil, a novela é ben interesante para tratar o tema do acoso, e se se fai como lectura compartida nun club de lectura dará para reflexionar sobre este problema tan grave entre os e as adolescentes e mudar o rumbo das relacións interpersoais nos centros de ensino.

Destinada tamén a un lectorado xuvenil, é unha novela moi acaída para a selección de lecturas sobre igualdade e coeducación, onde se nos fala de tecer redes de afectos, máis alá do xénero e que posibilitará a moitos mozos e mozas atopar referentes... novela espello mais tamén xanela ao mundo.
Títulos ambos, imprescindibles tamén, nas suxestións lectoras para o verán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario