No centenario do nacemento de Nelson Mandela, pai da nación surafricana e icona da paz, da convivencia e da liberdade, a editorial Kalandraka vén de publicar Nelson Mandela. O camiño cara á liberdade de Antonio Lozano con tradución ao galego de Ramón Nicolás.
Na nota aclaratoria que inicia o libro xa se nos indica que é unha biografía novelada. Todo o que se conta sobre Nelson Mandela é conforme coa vida do líder surafricano, mais o fío condutor desta historia protagonízano unha serie de personaxes de ficción: Walter, Sipho, Thandiwe, o director do museo e os pais de Walter. Este, hipotético bisneto de Madiba, encarna a toda a mocidade surafricana que quere e debe coñecer o camiño da liberdade que iniciou Mandela.
Destinada a un público xuvenil, esta biografía achéganos a unha figura clave da historia máis recente da humanidade e tamén é unha lección de historia sobre o apartheid e a conquista dos dereitos civís.
Na selección de libros de historia que fai a biblioteca escolar, nos clubs de lectura ou na Efeméride da paz e non violencia sería bo contar con esta novela sobre o Pai da Nación, que hoxe cumpriría 100 anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario