Parabenizamos a publicación do libro de Jules Verne 20000 leguas baixo dos mares que vén de editar Galaxia segundo as pautas de lectura fácil.
A lectura fácil vén atender a un lectorado con dificultades de lectura ou de comprensión e facilita o disfrute da lectura, facendo unha biblioteca, unha escola e, por extensión, unha sociedade máis democrática e inclusiva.
Imprescindible para a normalización linguística, este título (primeiro dunha serie), non debe faltar nas bibliotecas escolares galegas, sobre todo nas de secundaria, para incentivar a creación de clubs de lectura fácil ou para favorecer a alfabetización en galego de lectorado con dificultades de aprendizaxe.
Ë destacable tamén o título que inicia esta serie, pola vinculación da obra e de Jules Verne a Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario