Rocio BONILLA (trad. María SOLAR):De que cor é un bico? , Algar
Outra nena que goza cos contos e con
pintar (con cores, por suposto). Minimoni é moi sesuda, ten moi
claro o que lle gusta e o que non... agora quere pintar bicos e dálle
moitas voltas á cor axeitada. Non é nada doado porque ela pensa
moito as cousas e sempre encontra “peros”.
Ademais dos atinados e divertidos
razoamentos da protagonista, as ilustracións -da propia autora- son
moi disfrutables por si soas.
Algar Editorial ten traducidos ao
galego este e outros álbumes ilustrados de Rocío Bonilla, como A
montaña de libros máis alta do mundo ou
Max e os superheroes.
Unha boa achega para a biblioteca escolar, sexa para lecturas
individuais ou compartidas (para que os lectores autónomos o fagan
chegar aos primeiros lectores, poñamos por caso).
No hay comentarios:
Publicar un comentario