En torno á data do 1º de novembro moitas bibliotecas escolares preparan seleccións de lecturas que teñen o medo como eixo temático.
Presentamos unha novidade editorial, obra póstuma de Agustín Fernández Paz, A casa do medo, que debe estar nesa selección xunto con outras obras de Agustín, un mestre neste tipo de relatos, como Cartas de inverno, Aire negro, O centro do labirinto, As fronteiras do medo ou A neve interminable, entre outras.
Publicado en Rodeira, A casa do medo está dirixida a lectores expertos e conta a historia dun home que lembra uns feitos acontecidos durante a súa infancia cando se achega á casa do medo ...
Traemos tamén a nova sobre o catálogo que vén de editar Xerais con todas as obras de Agustín Fernández Paz publicadas nesa editorial, que se está a distribuír por escolas, bibliotecas, librarías ou no próximo cultur.gal
No hay comentarios:
Publicar un comentario