A editorial Galaxia publica na súa colección Sonárbore, o libro- CD Teatro de guiñol do grupo Pirilampo e con ilustracións de Iván R.
Trátase dunha escolma de poemas retranqueiros e festivos de Manuel María, dirixidos a un público infantil.
No prólogo, Xurxo Souto anima con estas palabras a escoitar o disco:
No prólogo, Xurxo Souto anima con estas palabras a escoitar o disco:
ATENCIÓN!!!
Se escoitades este disco
na cama pola noite cos ollos pechados,
Pirilampo ha encher
con mil estreliñas o voso cuarto.
Tamén na mesma colección ten publicado Canta o cuco, poemas de Manuel María interpretados por Uxía e Magín Blanco, que a través da música achegan os versos do poeta aos pequenos e pequenas. O libro está ilustrado por Leandro Lamas.
Indispensables nunha biblioteca de Infantil e Primaria, e nunha selección de recursos sobre Manuel María.
Indispensables nunha biblioteca de Infantil e Primaria, e nunha selección de recursos sobre Manuel María.
Estes materiais están incluídos na maleta viaxeira de Manuel María á disposición dos centros escolares na Asesoría de Bibliotecas Escolares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario