Xerais
vén de publicar Cara ao leste de Antía Nara, unha
investigadora galega que reside en Berlín. Esta é a súa segunda
novela despois de Aquel lugar (Xerais, 2007).
Destacan na novela temas como a importancia da memoria, o velorio como momento
de repaso vital, a morte, a (im)posibilidade de vivir do campo, a
maternidade, a emigración, os incendios, a especulación urbanística, a vinganza etc, que flúen de xeito áxil e dramático entre as personaxes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario