6/10/15

Ledicia Costas, galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil


A escritora Ledicia Costas acaba de ser galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil pola súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta. Esta novela, publicada por Xerais ao gañar o Premio Merlín de Literatura Infantil 2014, recibiu xa outros importantes recoñecementos como a súa inclusión na Lista de Honra do IBBY, o Premio Xosé Neira Vilas ao Mellor libro Infantil e Xuvenil da Asociación Galega de Editores, os Premios Fervenzas Literarias (votados polos internautas) ao Mellor libro infantil e Mellor portada de LIX  (Víctor Rivas).

Durante o curso 2014-2015 este libro foi recibido con entusiasmo polos lectores e lectoras das bibliotecas escolares  e os clubs de lectura de todo o país. Velaquí un exemplo desde a biblioteca do CEIP Eduardo Pondal de Vigo.

Parabéns a Ledicia Costas por este premio e á Literatura Infantil e Xuvenil galega por este novo recoñecemento.

4 comentarios:

Joel JR dijo...

E moi divertido,interesante e moi misterioso tamén ten cachos graciosos e simpáticos.Solo ten un trozo do final que e un pouco aburrido pero polo demais o aconsello.

Anónimo dijo...

Somos os alumnos e alumnas de sexto curso do CEIP DE PETELOS en MOS. O curso pasado limos este libro. Ledicia Costas viu visitarnos ao noso cole. Queremos felicitala polo seu PREMIO NACIONAL DE LITERATUA.


NORABOA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Hola, me gusto mucho este libro porque los muertos entre la noche cobran vida....
y muchas cosas mas e muy divertidas.Es muy entretenido y tiene mucha aventura.

Anónimo dijo...

Hola, me gusto mucho este libro porque los muertos entre la noche cobran vida....
y muchas cosas mas e muy divertidas.Es muy entretenido y tiene mucha aventura.