A
actriz, guionista e directora teatral Andrea Bayer acadou o premio
Barriga Verde na
modalidade de teatro para rapaces
con
O
lobo e a lúa, na
súa edición de 2014.
Nesta
peza teatral, publicada agora por Baía Edicións e ilustrada por
Chus Ferrín, os personaxes non son o que a priori pensamos e van
axudar a resolver o enigma de por que o lobo quere falar coa lúa...
Segundo
a propia autora, trátase dunha “peza teatral tenra, divertida e
intrigante na que os seus personaxes –Nina, a tartaruga; Duarte, o
elefante, e Miñao, un gato malhumorado– conviven a pesar das súas
diferenzas”.
A autora dános moitas pistas para a súa representación.
A autora dános moitas pistas para a súa representación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario