Da ciencia á ficción
Na montaxe do Salón do Libro de Pontevedra estase a ter en conta que o ano 2015
é o ano da luz "polo tanto será empregada como elemento plástico para crear a ambientación e o tema do futuro materializarase tomando como base
emblemáticas películas de cine como 2001. Odisea no espazo, Alien, o octavo
pasaxeiro ou Star Wars." en palabras das responsables da asociación socieducativa e cultural Paspallás
O espazo no que quedará convertido o Pazo da
Cultura trasladará a grandes e pequenos ao interior dunha nave espacial,
comezando por unha entrada na que se poderán ‘teletransportar' ata un
laboratorio no que os nenos e nenas acharán a fórmula química de Orbil (a mascota do Salón), pasando
por un futurista identificador de persoas.
Desde a páxina do Salón, podmeos acceder á bibliografía e ao programa.
Desde a páxina do Salón, podmeos acceder á bibliografía e ao programa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario