Os premios Irmandade do Libro da Federación de Librarías de Galicia, foron entregados o pasado sábado 14 de marzo, na Cidade Cultura de Galicia.
Concedeuse o premio Libro do ano a Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto, publicado por Edicións Xerais de Galicia; tamén houbo unha mención especial para Bibliotecarios e bibliotecarias infames de Francisco Xavier Redondo Abal, publicado por Laiovento.
Na modalidade de libro infantil e xuvenil do ano premiouse Xiqui, Xoque, Fiú, Fiú, obra do colectivo María Fumaça da editorial Galaxia.
Urco, colección Gótica recibiu o premio á obra editorial.
A libraría O Pontillón de Moaña recibiu o premio na categoría de libraría. Houbo unha mención especial para a libraría La región de Ourense, que pechou no último ano.
O IES Castro Alobre recibiu o premio na categoría de centros educativos
O programa "Libros sen reservas" de Quique Alvarellos, do canal Localia, recibiu o premio na categoría de fomento da lectura.
O premio á autora recaeu en Yolanda Castaño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario