- No transcurso da gala das Letras, a AELG tamén entrega a distinción “Bos e Xenerosos”, coa que a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega quere recoñecer o esforzo e o compromiso da xente do espectáculo para manter vivos os nosos escenarios nun momento en que os recortes afectan de maneira especial ás programacións culturais. Desta maneira, a AELG premiará representantes de todas os ámbitos da escena galega:
- A compañía Sarabela Teatro, dirixida por Ánxeles Cuña Bóveda recibirá o premio como agrupación profesional.
- Achádego Teatro de Lugo, que fai 25 anos neste 2014, será recoñecida polo seu traballo no teatro amador.
- A Asociación de Actores e Actrices de Galicia, en nome de todos e todas os que contribuíron ao desenvolvemento da escena galega.
- A Editorial Laiovento e o proxecto Casahamlet son outros dous proxectos que merecen destaque da AELG.
- Premio de teatro infantil: A. C. O Facho.
8/5/14
Premios da AELG 2014. A Gala das Letras
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario