Igaciencia (que leva por limiar "A prol da Ciencia Galega e do Galego na Ciencia") presenta a exposición Arte e Ciencia na Sala de Exposicións da Deputación Provincial de Lugo, entre o 20 de setembro e o 20 de novembro.
Recollemos da súa páxina:
"O obxectivo fundamental da exposición é ilustrar e profundar no diálogo entre
a ciencia e a arte. Para explorar esa interacción dinámica seleccionanse obras e
autores representativos de distintos movementos artísticos ao longo do tempo. Na
exhibición das obras prima a compoñente didáctica e divulgativa e bríndase a
posibilidade de participar en obradoiros para afondar na conexión arte e ciencia
das mesmas.
A exposición presenta mostras de múltiples aspectos xeométricos que rexen a construción de obras de arte. Máis tamén se fai explícita a influenza de investigacións científicas como a persistencia retiniana, o contraste simultáneo de cores, os descubrimentos en astronomía… , sen esquecer a análise de símbolos galegos e obras arquitectónicas. Dedícase un apartado especial ao contexto actual no que, ao igual que a fotografía cambiou as metas da arte, o desenvolvemento tecnolóxico revolucionou as maneiras de crear e representar.
As conexións son múltiples e en ambos sentidos. Acéptase que a xeometría incide e inflúe nas artes plásticas pero poucos teñen presente que o puntillismo inflúe no concepto de píxel, ou que dous premios Nobel de Química recentes foron outorgados por aspectos científico-artísticos que iluminan a Química, como son os cuasicristais e o fullereno.
Entre os autores elixidos figuran: Vasarely, Seurat, Calder, Mondrian… e, destacan especialmente, Juan Gris e Escher."

Ao tempo, terá lugar unha xornada de formación dirixida ao profesorado de primaria e secundaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario