Recollido do portal educativo:
A sección infantil da Biblioteca de
Galicia conta xa con preto de 3.000 volumes
cedidos por Gálix (a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), desta maneira a cabeceira da Rede de Bibliotecas de Galicia ábrese aos máis novos como espazo de lecer e
lectura,
Trátase basicamente de obras de creación, no ámbito
infantil-xuvenil, cunha colección especialmente
centrada na creación e a edición galega. Hai tamén, aínda que en menor
cantidade, estudios e obra de ensaio sobre esta temática, incluíndo as publicacións de Gálix e de outras entidades.
Neste momento a colección está clasificada en cincos partes: obra
orixinal en galego, traducións do galego a outras linguas, traducións de
outras linguas ao galego, obras en castelán e obras noutras linguas.
A chegada destes volumes ao Gaiás produciuse coincidindo co traslado
da sede da Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil á Cidade
da Cultura.
Cómpre salientar o significativo desta institución (GALIX) que representa un
dos principais piares de apoio á creación literaria e artística galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario