Nimbos, é o título da obra poética de Díaz Castro, próximo autor homenaxeado nas Letras Galegas 2014.
Martin Pawley, Xurxo Chirro e José Manuel Sande son os artífices dunha iniciativa que publican en Acto de primavera.
Este foi o correo electrónico que enviaron a una seria de realizadores:
"O ano que vén dedicáselle o Día das Letras Galegas ao poeta da Terra Chá, Xosé María Díaz Castro, autor dun único volume publicado, Nimbos, que é un dos fitos da creación literaria en lingua galega no século XX.
Hai xa uns anos que tiven a idea de “promover” algún proxecto fílmico colectivo arredor desta obra, e a designación de Díaz Castro coma escritor homenaxeado pola Real Academia Galega en 2014 -ano, ademais, do seu centenario- é a escusa perfecta para finalmente botarse á tarefa.
A idea é ben sinxela: propoñémosvos a diversos cineastas que fagades unha peza curta, entre 1 e 5 minutos, asociada a un poema do libro. Non se trata de ilustrar o poema en imaxes, en absoluto, senón de crear unha obra cinematográfica nova que naza da lectura do poema. Cada autor que participe elixirá o(s) poema(s) sobre o(s) que quere traballar e a partir de aí, (case) total liberdade. Hai unha única condición, ademais do tempo: desbotamos expresamente o uso íntegro e literal dos poemas do autor, e recomendamos limitar o uso dos textos, se for preciso, a “algúns” versos soltos. (...)"
Os apuntados (por agora) son: Xurxo Chirro, Margarita Ledo, Eloy Enciso, Alberto Gracia, Oliver Laxe, David Castro Sopeña, Carlos Álvarez-Ossorio, Diana Toucedo, Juan Lesta, Belén Montero, Xacio Baño, Pablo Cayuela, Xan Gómez Viñas, Jaione Camborda, Víctor Hugo Seoane, Otto Roca, Alfonso Zarauza, José Antonio Cascudo, Ángel Santos, Manuel Fernández-Valdés e Eloy Domínguez Serén
“Para poñer en marcha algunhas cousas abonda un correo electrónico”, din. Sería bo telo en conta...
No hay comentarios:
Publicar un comentario