Se eu fose un gato con texto de Paloma Sánchez Ibarzábal e ilustracións de Anna Lienas, está publicado na colección O de OQO editora.
Trátase dunha proposta moi interesante na que o protagonista se vai colocando na pel dun gato, por un lado, e que por outro no sitúa na situación hipotética de seguir xogando a ser diferentes animais ou, incluso, cousas.
A técnica empregada foi a da colaxe con papeis e cartóns pintados previamente en acrílico. Deste xeito, incorpora volume ao debuxo plano co obxecto de que se perciba o rústico do material. Para este traballo, aproveitou recortes de caixas de transporte, de cereais, envoltorios... para compor a ilustración tipo diorama ou escenario teatral.
A ilustración está realizada a base de colaxes e introduce personaxes dos que non se fala no texto
Unha maneira divertida de traballar a diferenza, o respecto ao outro e afondar na vida deses seres que nos rodean.
No hay comentarios:
Publicar un comentario