Larpancia saborosa do lobo e a raposa. Farsa de monifates nun lance de Bernardino Graña. Obra ganadora da quinta edición do Premio Estornela de teatro para nenos e nenas convocado pola Fundación Neira Vilas.
Da presentación editorial, realizada pola citada Fundación, podemos recoller a seguinte información:
“Trátase dunha fábula en verso para ser representada por monicreques ou actores. Exemplifica, de xeito humorístico, o mundo dos contrastes do reino animal fronte ao dos humanos, a inxenuidade fronte á ambición e a cobiza. Todo nun marco natural campestre, na procura dun ambiente bucólico no que a linguaxe xoga un papel moi importante á hora de recrear expresións e léxico propio do galego máis patrimonial.”
O mellor é lela e gozar da maneira de contar deste autor que aproveita o mellor da tradición e introduce o xogo verbal e o malentendido como recurso. É volver aos tempos dos lobos e raposos, aos días nos que os animais falaban e os labregos tiñan un papel fundamental nas historias. Retomar agora ese divertimento de monicreques introducindo aos vilegos ou domingueiros para rir un pouco máis con eses elementos alleos que chegan ao campo coa súa merenda.
Publicada por Edicións Embora en decembro de 2011

No hay comentarios:
Publicar un comentario