Unha feliz sorpresa, un libro inesperado na literatura xuvenil, non só galega senón na de calquera outro sistema.O autor Marcos S. Calveiro, autor de Sari, soñador de mares, resultou ganador do último premio Ala Delta con O carteiro de Karrada, ambientada no Irak dos últimos anos.
Por Rinocerontes e quimeras corre o século XIX. Unha colección de nenos deformes son a gran atracción dun circo, compartida cos prodixios da natureza, pero en rivalidade cun novo descubrimento: os autómatas.
Todo ten o seu fin, aínda os días de gloria como monstros de circo. Nun vagón de tren arrombado nunha vía morta, eses rapaces e rapazas van compartindo as súas historias, coa vella intención de falar para que as horas pasen, mentras esperan a que alguén veña recuperalos.
É a maxia dun tempo de inventos misturada coa tristeza dos seres rexeitados e as referencias a todo un imaxinario cultural que nos pertence. ¡Un presente que agradecemos!

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada