Isa. Ceip Quintela - Moaña
19/6/07
Un libro moi recomendable
Palabras de caramelo. Gonzalo Moure. Edicións Xerais. Para nenos e nenas de 10 a 12 anos. Conta a historia de Kori , un neno saharaui sordomudo, que só recoñece as palabras nos movementos da boca. El chámase boca pechada cos labios xuntos boca estirada (Kori) Por iso é capaz de entender o que lle dí o seu mellor amigo, un pequeno camelo.Pero a familia de Kori pasa momentos moi duros,ata o punto de ter que sacrificar ao camelo para loitar contra a fame.Kori non o acepta e fuxe co seu amigo… Unha historia tenra, que fará asomar as bágoas a máis de un. Para ler dun tirón. Este libro leínno cos alumnos e alumnas de 5º curso de Primaria, e emocionámonos xuntos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
12 comentarios:
Gustoume moito.É un libro onde hai moito sentimento.
Reflñexase a amizade e o enorme esforzo de Kori por intentar comunicarse co mundo mediante a escritura
Esta historia conmovedora ensinanos a importancia da amizade e que con esforzo todo se consigue.Esta historia encántame porque ensinanos a actitude que debemos ter cos nenos xordos.
O libro encantoume,porque ensina como polo seu amigo,un neno xordomudo, consigue leer e escribir pola súa amizade.
Parece unha historia moi bonita, con un final un pouco triste pero ao mesmo tempo alegre. Fainos ver unha maneira nova de percibir novas cousas. Sempre que queiras conseguir algo e aveces con un pouco de axuda podes lograr todo.
E un libro que ilustra a amistad do neno co camelo e o esforzo que pon o neno para intentar comunicarse co mundo a traves da escritura e os sentimentos que habia entre el e o camelo para que non osacrificaran.
E moi bonito,gústame porque trata sobre a amizade.Creo que é os mais bonito entre dous seres vivos.
Foi un libro moi bonito o que mais me gustou foi cando o camelo e Kori aprendeu a falar con el. Amin encantoume o librotamen porque ten moitos sen timientos cando morre o camelo.
É unha historia que nos mostra a amazidade, o esforzo e a sensibilidade , dun rapaz xordomudo que é capaz de percibir o mundo
E un libro muy bonito no que un neno faise amigo de un camelo o que cando faise mallor quereo sacrificar .
É un libro bonito e conmovedor . Tata sobre un neno saharaui que fuxe do seu campamento de refuxiados co seu mellor amigo , o camelo Caramelo antes de co sacrifiquen . O conto e explícanos o valor que ten a amizade
Nos espresa unha gran amizade e sobre o esforzo do neno e è capaz de percibir un mundo diferente
Esta historia trata sobre un pequeno rapaz sordomudo chamado Kori el tiña 8 anos ,e un dia fixose amigo de un camelo chamado Caramelo .
Cando Caramelo medrou os homes serios ordenan sacrificalo , pero Kori non o aprovou e intentou salvar a oa seu amigo viaxando ao deserto pero e inutil e ao final e sacrificado.
Cando Kori crece sigue escribindo e ten un gran exito e ao final escribe un libro chamado (Palabras de Caramelo ) coma este libro.
A min este libro pareceme precioso e incrible como conecta o pequeno co camelo e tamen impresiona o que ten que facer o pequeno para entender o mundo que o rodea.
¡BOLO RECOMENDO!
Publicar un comentario