22/5/07

Historias na biblioteca


A primeira proposta para esta Rede Lectura vai de bibliotecas. Hai toda unha morea de títulos de literatura infantil e xuvenil (tamén de adultos) que ocorren na biblioteca. Podemos, en rede, ir completando o listado e anotar algún comentario sobre o libro.

E para empezar...
EL SECUESTRO DE LA BIBLIOTECARIA, de Margaret Mahy. Ilust. Quentin Blake. Alfagura, 2004 É un dos meus libros favoritos... gardo unha edición destrozadísima, polas moitas lecturas infantís, da editorial Altea e do ano 1985. A señorita Laburnum foi raptada por uns malvados bandidos. Mais o contacto cos pequenos, ás veces, ten efectos secundarios inesperados e, neste caso, a fermosa bibliotecaria, que pasara a fin de semana cuns pequenos enfermos de sarampelo, contaxia sen querelo á enfermidade aos seus secuestradores. Nas bibliotecas hai de todo, tamén libros de medicina familiar. Ernestina Laburnum coidará solicitamente dos bandidos e leralles historias para eles descoñecidas... e irá xurdindo o amor entre a bibliotecaria e o xefe da banda.... e quedará claro que non hai como a lectura en voz alta para inocular o virus da lectura. Recomendado para lectoras e lectores autónomos (a partir de 8 anos).

No hay comentarios: