26/10/07

¿Será tempo de fábulas?



En Fábulas de ayer y de hoy (Carlo Frabetti, Alfaguara) atopamos, como o propio nome indica, fábulas, metafábulas (que son aquelas que falan doutras, das de sempre) e tamén algo que o autor chama "pregunteja" e define como unha pequena pregunta que obriga a unha reflexión e leva implícita unha ensinanza. E ... como mostra un botón ¡de fábula! EL NIÑO Y EL LIBRO "Leerte cuesta trabajo", al libro le dice el niño, "y aunque te tengo cariño, me voy a jugar abajo". Replica el libro: "Oye, majo, también te cuesta jugar más trabajo que mirar: tienes que cansarte un poco, ya sea de cuerpo o de coco, si quieres participar".

24/7/07

Petando nas portas de Dylan





Petando nas portas de Dylan, un poemario de Antonio García Teijeiro, escrito a partir da música de Bob Dylan, que semella petar nas portas da emoción. Para lectores a partir de 12 anos. Co facer de sempre, e as constantes da súa poesía: a música e a preocupación polos valores de paz e xustiza en relación á infancia. Neste caso, atopamos un grupiño de poemas que falan dos nenos da guerra, e que seguramente lle veredes moita aplicación na escola. Este é un deles:




I can see though your mask Combate Primeira fila Os nenos corren e corren non polo patio da escola nin polo branco da area Os nenos corren e corren non pola rúa da vila nin polo arco da vella Combate Primeira fila Os nenos corren perdidos coa gorxa afogada e por un campo de minas pasean Explosión Horror Estrondo Boureo Os nenos, sen decatárense, soben ao ceo E o mesmo home, cantando coa súa guitarra, segue a cuspir: …Señores da guerra, quero que saibades que podo ver a través das vosas máscaras…

19/6/07

Un libro moi recomendable

Palabras de caramelo. Gonzalo Moure. Edicións Xerais. Para nenos e nenas de 10 a 12 anos. Conta a historia de Kori , un neno saharaui sordomudo, que só recoñece as palabras nos movementos da boca. El chámase boca pechada cos labios xuntos boca estirada (Kori) Por iso é capaz de entender o que lle dí o seu mellor amigo, un pequeno camelo.Pero a familia de Kori pasa momentos moi duros,ata o punto de ter que sacrificar ao camelo para loitar contra a fame.Kori non o acepta e fuxe co seu amigo… Unha historia tenra, que fará asomar as bágoas a máis de un. Para ler dun tirón. Este libro leínno cos alumnos e alumnas de 5º curso de Primaria, e emocionámonos xuntos.
Isa. Ceip Quintela - Moaña

22/5/07

Historias na biblioteca


A primeira proposta para esta Rede Lectura vai de bibliotecas. Hai toda unha morea de títulos de literatura infantil e xuvenil (tamén de adultos) que ocorren na biblioteca. Podemos, en rede, ir completando o listado e anotar algún comentario sobre o libro.

E para empezar...
EL SECUESTRO DE LA BIBLIOTECARIA, de Margaret Mahy. Ilust. Quentin Blake. Alfagura, 2004 É un dos meus libros favoritos... gardo unha edición destrozadísima, polas moitas lecturas infantís, da editorial Altea e do ano 1985. A señorita Laburnum foi raptada por uns malvados bandidos. Mais o contacto cos pequenos, ás veces, ten efectos secundarios inesperados e, neste caso, a fermosa bibliotecaria, que pasara a fin de semana cuns pequenos enfermos de sarampelo, contaxia sen querelo á enfermidade aos seus secuestradores. Nas bibliotecas hai de todo, tamén libros de medicina familiar. Ernestina Laburnum coidará solicitamente dos bandidos e leralles historias para eles descoñecidas... e irá xurdindo o amor entre a bibliotecaria e o xefe da banda.... e quedará claro que non hai como a lectura en voz alta para inocular o virus da lectura. Recomendado para lectoras e lectores autónomos (a partir de 8 anos).