Seguimos recibindo novidades para este mes de novembro que permiten cubrir as necesidades de fondo informativo en galego.
A colección de Kalandraka Vitamina N, dirixida polo divulgador medioambiental Antonio Sandoval, incorpora un novo título: VitaminaN. Guía esencial para unha vida rica en natureza. O autor, Richard Louv achega unha serie de creativas e divertidas propostas, aptas para todas as idades, coa finalidade de interactuar coa natureza.
Desde Galaxia chega unha guía para coñecer o cerebro: A que cheiran as cores? do profesor da UDC e divulgardor científico Juan Casto Rivadulla Fernández. Nela se recollen algúns dos descubrimentos científicos máis importantes sobre o funcionamento desta máquina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario