Kalandraka vén de publicar A verdadeira historia de carapuchiña vermella, texto de Bata, a partir da versión de A. R. Almodóvar e con ilustracións de Marc Taeger.
Tamén en Kalandraka, con texto de Bata e ilustracións de Alicia Suárez, aparece Nicolás cociña sen lume, que convida a cociñar, seguindo os pictogramas.
A editorial La mar de fácil verque ao galego dous títulos seguindo as pautas de lectura fácil (textos para ser leídos e entendidos por persoas con dificultades de comprensión lectora).
O primeiro título é Trampa de lume de Núria Martí Constans. Nesta novela cóntasenos a historia das loitas laborais das mulleres que se produciron en EE.UU nos primeiros anos do século XX , provocadas polo incendio dunha fábrica onde traballaban mulleres en condición pésimas e que acabou coa vida de 146 destas mulleres.
Moito ruído e poucas noces, de William Shakespeare, adaptada por Núria Martí Constans é unha comedia romántica, onde a verdade e o amor triunfan finalmente por enriba dos enganos e os malentendidos.
Unha ollada a estes títulos pode dotar de recursos aos clubs de lectura inclusiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario