Palabra de bruxa de Andrea Barreira Freije é unha
das novelas do 2018 recoñecida entre as mellores en galego. Nela relátase a
historia vital da última muller da casa das Xanas, que padece a
persecución da Inquisición.Condenan a súa forma de vida, desapegada
da tutela dos homes, libre e rebelde, perigosa para esa sociedade do
medo que os inquisidores representan. Pero non todo está perdido...
Publicada
na colección Costa Oeste de Galaxia, cremos que a súa lectura pode dar
moito que pensar e falar cando menos nos clubs de lectura -de mozos ou
de adultos- acerca daquel pasado, do noso presente e do futuro que
queremos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario