Agradecemos a Xerais, que neste Mes da Ciencia en galego nas bibliotecas, publique na súa colección Básicos Ciencia A ciencia do día a día.
Este libro explica, de xeito moi breve e sinxelo, moitos feitos da ciencia que nos acompañan na nosa vida diaria: Por que aparece a nosa imaxe nos espellos? Que é un coche eléctrico? Como funciona un GPS? Por que quenta o microondas? A estas e autras preguntas atoparemos resposta n´ A ciencia do día a día, un libro para aprender de xeito lúdico.
Destinado a partir de primeiros lectores, é un libro indispensable nas nosas bibliotecas para fornecer de recursos aos proxectos de ciencias, para divulgación e experimentación, actividades moi frecuentes nestas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario