O
lapis máxico de Malala, de
Malala Yousafzai, Xerais
Dende
Paquistán para o mundo. Un precioso álbum sobre o valor desmedido
das palabras e a súa maxia, que nos conta en primeira persoa como
unha serie televisiva pode facernos soñar cun lapis máxico, pero a
propia vida fainos sentir que “calquera lapis pode selo”.
Describe
as ansias dunha nena por facer felices aos demais, si, pero tamén
denuncia que clasificar o lixo non abre portas á liberdade das
nenas, como si o fan a escola e a familia. Decididamente unha
historia imprescindible para ver e dar que pensar e falar á rapazada. Porque calquera día do ano é Día da Paz, tan desexada en Siria nestes momentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario