A editorial Kalandraka acaba de publicar o libro de poemas Cara de velocidade co que Marga Tojo gañou o X Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía . María Hergueta ilustra o libro.
Estamos ante unha superheroína con superpoderes que é quen de transformar o cotián en algo excepcional a través do humor, a música, a fortaleza, o optimismo e a imaxinación fronte á adversidade, e que, con capa e anteface, apréndenos a pór Cara de velocidade.
Superpoderes
Zamarra,
chaquetón,
casaca,
chuvasqueiro,
gabardina,
chaqueta con botón.
Desde que aprendín
a poñer o abrigo,
voo.
Destinado a partir de lectores autónomos, este poemario vén acrecentar os fondos de poesía das bibliotecas escolares para que un día coma hoxe proclamemos que a poesía esta nas cousas que nos rodean.
No hay comentarios:
Publicar un comentario