Catro
historias imaxinativas para deleitarse non só co argumento, senón
tamén coas palabras escollidas polo autor – “un home de teatro”-
para narralas.
En
realidade, son historias de feliz final: a de Xoana, a formiga loura
que aprende a lingua das formigas mouras; a de Claudia, á que se
lle logra unha curiosa flor; a de Chinto, a súa risa e a súa bici;
e a de Santi e o seu Iagosauro , que xuntos funcionan talmente como
superheroes.
Dirixido ao lecturado autónomo, o libro contén valiosas metáforas en si mesmas que tamén poden
funcionar como frutíferas pontes: ao Principiño,
ao Espantallo amigo, a
Plinio ou Estrabón, ao léxico relacionado cos sons que emiten
distintos animais...
No hay comentarios:
Publicar un comentario