
O
valo
de Carlos
Labraña,
ilustrado por Nuria
Díaz,
vén
de ser publicado na
Biblioteca
Dramática galega, coeditada por Xerais e AGADIC.
A
obra mereceu o IX
Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil no
ano 2016.
No
medio dun deserto, un neno soldado chanta unha bandeira e coloca un
valo de arame, xusto onde no seu mapa marca a fronteira. Do outro
lado do valo, Sahara, unha rapaza abandonada, que foxe da guerra,
trata de convencelo de que a deixe pasar, xa que está procurando un
pozo onde saciar a súa sede. Mirando as estrelas fugaces no
firmamento, Sahara e o Soldadiño comparten idéntico ceo e
comprenden que só na procura dos seus soños atoparán a liberdade.
Peza dun único lance para dous personaxes, “O valo” propón unha
emocionante reflexión sobre a igualdade e a paz entre todas as
persoas e comunidades. (Presentación editorial)
Pallasos en Rebeldía, baixo a dirección de Iván Prado representan esta obra de Carlos Labraña.
Teatro
para ler, para ver e tamén para representar nas actividades promovidas polas bibliotecas escolares, cando xa está próximo o Día Escolar da Non Violencia e
da Paz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario