Destacamos
hoxe en Rede Lectura dúas novelas xuvenís,
publicadas ambas as dúas na colección Fóra de xogo de Xerais. Estamos a falar de Xa non estou aquí de Iria Misa, que recibiu o premio Jules Verne de Literatura Xuvenil na edición de 2016, e d´A caixiña dos rancores de Héctor Cajaraville, Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil en 2015.
publicadas ambas as dúas na colección Fóra de xogo de Xerais. Estamos a falar de Xa non estou aquí de Iria Misa, que recibiu o premio Jules Verne de Literatura Xuvenil na edición de 2016, e d´A caixiña dos rancores de Héctor Cajaraville, Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil en 2015.
Aínda
que con temáticas
moi diferentes, son novelas altamente recomendables para ese alumnado
que se achega á biblioteca escolar solicitando algún título que o enganche
porque desde o comezo, as
historias e os personaxes son quen de atraer a lectoras e lectores, pola súa proximidade.
Iria Misa, presentando a súa primeira obra publicada, comenta que é unha novela que fala de sentimentos universais: a necesidade de pertenza a un grupo, de comprensión, a soidade… A intriga artéllase arredor da desaparición da protagonista, misterio que se irá desentrañando ao longo da novela a través dos distintos puntos de vista dos personaxes. É unha novela coral onde quixen traballar o multiperspectivismo e así poñer de manifesto o cariz tan distinto que pode tomar a realidade dependendo dos ollos de quen a mira.
A
xuíza Felpeto, acabada de chegar á localidade costeira de Valdomar,
revoluciona a vila coas súas orixinais sentenzas. Cando Estevo é
obrigado a pasar todo o verán visitando a Chiruca, a anciá a que
atropelara co seu ciclomotor, imaxina unhas soporíferas xornadas
aturando as historias daquela muller que cruzara polo paso de cebra
sen mirar. Pero todo cambia cando a casualidade fai que o mozo
descubra un segredo que ten na súa cerna a Chiruca e que ela mesma
descoñece. Coa axuda de Paula, a noiva de Estevo, o nobelo daquel
misterio irase desenredando ao mesmo tempo que xorde entre os tres
protagonistas unha relación tan profunda como inesperada, que pasa
por riba da diferenza de idade e que demostra que a amizade
verdadeira non entende de prexuízos nin de convencionalismos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario