Acaba de saír publicado en Xerais o Poemas birollos para ler cos ollos de Fran Alonso, quen se encarga tamén das ilustracións. O poeta vén de recibir o Premio ao mellor proxecto literario na rede na I Gala do Libro Galego en 2016, por Poétic@.gal.
Este libro combina poesía e imaxes nun xogo lúdico que convida aos nenos e nenas a gozar e á vez achegarse a este xénero literario porque "a poesía non morde". Tamén ten unha presenza importante a oralidade, a través de cancións infantís, arrolos e sortes.
Como xa sucedía en O meu gato é un poeta, a lectura pode continuar na rede xa que inclúe a ligazón a un videoxogo.
Neste enlace tedes unha pequena mostra do libro.
Indicado para primeiros lectores, ben pode formar parte dunha selección de lecturas para o verán.
Necesaria a poesía para nenos e nenas e tamén necesaria a poesía visual. Fran Alonso é un innovador no campo da literatura transmedia e multisoporte no panorama literario actual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario