A editorial Galaxia vén de publicar na colección Árbore dúas obras de teatro: Moito morro corporation, Sociedade Ilimitada e As terapias da doutora Ledicia.
Moito morro corporation, Sociedade Ilimitada está escrita por Carlos Labraña conta e ilustrada por Rodrigo Chao. Trátase dunha historia moi divertida onde unha compañía de pallasos, trapecistas e domadores demostrarán aos pequenos e pequenas lectoras que se acheguen a eles por que o circo é “o maior espectáculo do mundo”.
Con esta obra de teatro Carlos Labraña gañou o concurso de Teatro infantil O Facho, na convocatoria de 2014.
As terapias da doutora Ledicia está escrita por Raquel Castro , con ilustracións de Almudena Aparicio. Nesta obriña, tamén cómica, unha psicóloga trata aos doentes “de corazón”. Personaxes coma o Apalpador, o Home do Saco, o Lobishome ou a Carolina serán tratados por ela, que receita sorrisos, brincadeiras ou ilusión.
As terapias da doutora Ledicia recibiu o Premio de Honra nos premios Estornela de Teatro que convoca a Fundación Xosé Neira Vilas, no ano 2014.
Destinadas ambas as dúas aos lectores autónomos, ben valen para ser lidas ou representadas nas nosas escolas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario