A editorial Galaxia publica Fontán de Marcos Calveiro, coa que o autor gañou o IX Premio de Narrativa Breve Repsol 2015.
Novela biográfica de fondo histórico, trata sobre o ilustrado, matemático e topógrafo Domingo Fontán, quen elaborou o primeiro mapa científico e topográfico de Galicia, denominado a Carta Xeométrica de Galicia.
Unha das cousas que máis lle interesaba a Calveiro sobre a Fontán é averiguar como nace a vocación de ser científico nun neno dunha aldeíña de Portas (Pontevedra) e tamén rescatar do esquezo esta figura tan importante para a ciencia.
Coincidindo co bicentenario dos exercicios preliminares para a confección da súa Carta Xeométrica de Galicia,
o MUPEGA elaborou unha exposición sobre cartografía:
Novela acaída para o itinerario lector de Xeografía de Galicia e para os clubs de lectura,
nomeadamente os científicos.
nomeadamente os científicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario