Veñen chegando... as Letras, e con elas os libros relacionados coa figura á que se lle dedican este ano: Roberto Vidal Bolaño.
Por primeira vez un dramaturgo completo. Un home de teatro na creación de grupos, na representación, na dirección, na escrita.
As Obras completas son publicadas por Edicións Positivas, pero tamén é o momento das edicións críticas, dos libros que analizan o seu teatro. Así, van saíndo á luz Dez obras na vida de Roberto Vidal Bolaño de Camilo Franco, publicada en Biblos; A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño de X. Manuel Fernández Castro e Roberto Vidal Bolaño e o xogo dramático de Afonso Becerra de Becerreá, publicadas ambas por Laiovento; Roberto Vidal Bolaño, unha vida para o teatro de Laura Tato publicado por Toxosoutos e un longo etcétera que irá aparecendo ao longo do ano 2013.
No hay comentarios:
Publicar un comentario