Inventario ilustrado de animais con texto de Virginie Aladjidi, ilustracións de Emmanuelle Tchoukriel e tradución de Fernando Moreiras.
Un inventario no que se recolle un cento de animais da fauna representativa de todo o mundo; animais de todo tipo clasificados xeograficamente pola zona na que viven... desde os bosques tropicais ás rexións polares pasando polos desertos, as sabanas, as montañas e bosques das zonas templadas, os océanos, as costas e ribeiras ou aquelas habitadas coma as granxas.
De un dos animais recóllese o debuxo naturalista coloreado con acuarelas, o nome científico e común e unha pequena descrición.
Un libro para mirar, aprender e incluso xogar ás adiviñas. Un verdadeiro catálogo con saber antigo e actual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario