O último libro de Agustín Fernández Paz, Fantasmas de luz.
Con ilustracións de Miguelanxo Prado, no estilo acostumado e con esa delicada maneira de recrear os textos do autor.
Un libro que trata dese virus que ataca a aqueles que pasan ao estado de secundarios: parados, vellos,... e que os fai volverse transparentes de maneira que deixan de ser visibles para todos aqueles que viven ao seu redor. Un libro que volve sobre un tmea xa tratado en O meu nome é Skywalker.
Así se conta na presentación editorial:
"Fantasmas de luz fálanos dun dos grandes dramas contemporáneos: o da exclusión e a invisibilidade a que se ve sometida unha parte da sociedade. Fantasmas de luz tamén quere ser unha homenaxe ao cine, tanto ás vellas salas que foron esmorecendo como ás grandes películas que, sen ser a vida mesma, «axudan a entendela e enchen de esperanza o corazón».
Derradeira sesión, a exposición de Manuel Sendón podería ser un bo complemento para lectura deste libro. Fotos de vellas salas de cine pechadas, caídas na decadencia máis absoluta...
No hay comentarios:
Publicar un comentario