Contos que veñen en papel, pero tamén cunha bolsa de tea da que sacamos os personaxes para colocar sobre a tela e ir contando a historia.
O galo tripi trape e A bolsa da pitiña, publicados pola editora Primerapersona. Por certo, a moi bo prezo; algo a ter en conta nestes tempos.
Son da autoría de Mª Luísa Mosquera Sastre, que ademais de versionar o conto tradicional, realiza as ilustracións e unhas orientacións/suxerencias para os adultos mediadores.
Ler en voz alta. Lerlles, ao tempo que se xoga cos personaxes, ao tempo que xa o pequeno ou a pequena vai escollendo o obxecto e pegándoo. Lerlles para que lean.
Desta colección son
1 comentario:
Realmente son fantásticos! Hai tempo que están nas nosas aulas de infantil.
Publicar un comentario