Unha historia que se sitúa nos últimos anos de Vincent Van Gogh.
Protagonizado por un adolescente convertido en narrador que acompaña ao pintor nos días de Auvers.
Dous seres atormentados que camiñan ao par con encontros e desencontros.
Os lenzos van aparecendo como espello nos que mirarse e mirar ao pintor de malvas e amarelos, ás xentes e paisaxes desa vila que asiste atónita á xenialidade mesturada co desequilibrio.
Un muchacho que medra na comprensión da vida a base de golpes e dor. A descuberta do amor e da morte. E a aprendizaxe da loita polo futuro: "(...) Eu tamén tiña que coller ese tren, tiña que marchar de Auvers para sempre..."
Un libro máis para o autor que está a recoller a meirande parte dos premios da literatura infantil e xuvenil escrita en galego, o último deles, o premio Raíña Lupa da Deputación da Coruña.
1 comentario:
me encanta el libro pero os recomendaria algun libro mas divertido comoatrapasoños.Unha lectora amiga
Publicar un comentario