Trafegando ronseis envíanos o seguinte comentario:
Este fermosísimo álbum mereceu o II Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados.
Un relato moi sinxelo, apenas unha frase por páxina, que fala de ambición, de facerse grande a costa do que sexa, ata que o protagonista, un crocodilo famento de fama, topa algo ou alguén máis forte, e aínda así, prefire enfrontarse. Ou quizais o único que quere este simpático animal é converterse en estrela, porque todos envexamos o Universo.
As ilustracións son impresionantes, dominan o libro con total fereza e ao mesmo tempo sutilidade. Chaman a atención os contrastes de cor e a magnitude do debuxo.
En fin, un álbum para recrear a vista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario