O cubil do xabarín con ilustracións de Quintana Martelo
Gorgorín e Cabezón ilustrado por Quintana e Vázquez
Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín con ilustracións de Manolo Uhía
Tres relatos dun poeta.
Tres obras para a infancia nos que se adiviña o mundo do poeta da montaña. Ímolo vendo nos animais (corzos, lobos, xabaríns); atopámolo nas palabras e na sonoridade que as acompaña; están no escenario desa serra do Courel, na paisaxe plagada de covas e ríos ou nos personaxes míticos coma o home do saco e as lendas como a da moza amiga dos animais que recibe o nome de Ilda; está no vocabulario que a modo de glosario acompaña a historia...
E estará na poesía que o profesorado irá seleccionando para que a rapazada o coñeza, para que a diga en voz alta sentindo na boca que a fonética tamén é poesía e a lingua é voz, para espertar sensibilidades e gozar dos versos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario